23.2.08

Os centros cívicos da cidade promocionarán o oitavo centenario con rutas en bicicleta

A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Longueira, presentou onte a programación dos centros cívicos para fomentar a participación cidadá no coñecemento da historia da cidade con motivo do oitavo centenario da concesión do seu foro.
Entre as principais novidades destaca a creación dunhas rutas en bicicleta -«800 anos. 800 lugares», é o nome da iniciativa- para grupos de trinta persoas. «800 mensaxes. 800 globos» é outra das propostas, mediante a cal todos os interesados en participar escribirán os seus desexos en pergamiños e introduciranse nun globo que se depositará nunha urna de cristal. A solta será o 30 de decembro.
Leer más

Etiquetas: , ,